30.3.14

Entrevista

Nesta entrevista falo de cousas das que case nunca falara. Máis ca nada porque me parecían vivencias demasiado íntimas que non lle interesarían a ninguén. Está claro que me equivocaba e digo isto pola repercusión que tivo e polas preguntas que me fixo Encarna Pego. En xeral, hai curiosidade por determinados procesos, aínda que unha non sexa capaz de explicalos con claridade, se cadra por non ter reflexionado en exceso sobre como se producen ou coidalos privados en exceso. Sempre sentín que a esfera do privado debía seguir sendo iso: privada. Porén, agora que teño máis anos, decátome de que é inevitable que, sobre todo os achegados, queiran saber o que se coce por dentro dunha, quizais porque dese xeito cren que nos comprenden mellor.
Non teño unha boca tan horrible como figura na caricatura, nin eses dentes tan grandes e con aparencia de sucios (dúas limpezas anuais evítano), nin ese aspecto de bruxa. E, madía leva, no me parece ter tantas engurras. Pero, en fin, é como me viu o caricaturista e cómpre amolarse. Iso si, alegría posúo por arrobas cando lle toca, que non é sempre.

7 comentarios :

Chousa da Alcandra dixo...

Pois eu percibín con moita claridade esa euforia que dis no inicio creativo. Ese estado de excitación no que parece que somos cerebro namais...A min pásame, incluso, cando vou cravar unha punta.

(Unha curiosidade: e tes eses pendentazos ou tamén foi outra licenza artística do caricaturista?)

:-)

Chousa da Alcandra dixo...

Remexendo -pouquiño- na rede xa atopei resposta á miña pregunta dos pendentes. Son ben bonitos!

peke dixo...

Chousa, as orellas non me serven de moito, así que, polo menos, que vaian adornadas. ;)

Paz Zeltia dixo...

Estou segura de que es ben máis ghuapa ca na caricatura!
:)
a min interésame o proceso creativo. Grazas por desvelar un chisco do teu.

mariajesusparadela dixo...

Os teus pendentes...pasarán os anos, pero hai cousa que nunca mudan: a túa creatividade e a calidade dos teus pendentes...cánto me gustou verte!

paideleo dixo...

O tempo pasa por todos e non deixa títere con cabeza e convertémonos en caricaturas do que fomos de novos. Iso si, o humor que non falte.

Noemí Pastor dixo...

Ahora voy a leerla.